V Aniversario dos concertos SENSOGENOMICS. Tras Sensogenoma22, Sensogenoma23, Sensogenoma24 e Sensogenoma25, achégase a próxima edición dos concertos experimentais.
Celebrarase o V Aniversario coa Real Filharmonía de Galicia e a Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela.
Anota na túa axenda: 25 de setembro de 2026 – Auditorio de Galicia.
25 de setembro de 2026 · 19:30 h · Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela
Sensogenoma26 celebra o V aniversario dos concertos experimentais, dun proxecto que une música, ciencia e participación cidadá para investigar como responde o noso organismo ante o estímulo musical.
Cinco anos despois daquela primeira experiencia, este proxecto continúa medrando grazas á participación de centos de persoas e á colaboración entre investigadores, músicos, institucións e asociacións de pacientes.
Sensogenoma26 contará coa participación da Real Filharmonía de Galicia, en colaboración coa Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela, e con Martín Llade como convidado especial.
Pero será moito máis ca un concerto. Durante esta edición continuaremos estudando as respostas biolóxicas, fisiolóxicas e emocionais asociadas á experiencia musical, incorporando novas mostras e datos á investigación.
A música non cambia a secuencia do noso ADN. Sensogenomics estuda, entre outros aspectos, como o estímulo musical pode estar relacionado con cambios na expresión de determinados xenes e con diferentes respostas do noso organismo.
Nesta edición participarán persoas de 12 asociacións de pacientes, que contribuirán ao proxecto mediante a recollida de mostras biolóxicas e a súa participación na experiencia.
Se xa participaches nalgunha das edicións anteriores, queremos volver atoparnos contigo. E se aínda non participaches, Sensogenoma26 é unha nova oportunidade para formar parte desta experiencia.
🧬 Participa como doante
Contribúe á investigación mediante a doazón de mostras biolóxicas antes e despois do concerto: saliva (cun bastonciño de algodón), sangue (cunha pequena punción capilar nun dedo) e bágoas (con tiras oftalmolóxicas).
Requisitos:
🎶 Asiste como público
Goza do concerto e celebra connosco os cinco anos de Sensogenoma.
Recolle as túas invitacións (máximo 2 por persoa) a partir do 15 de setembro en www.compostelacultura.gal ou na Zona C (Preguntoiro, 1 / Praza de Cervantes).
A música únenos. A ciencia conéctanos.
Sensogenoma26 · V Aniversario
📅 25 de setembro de 2026
🕢 19:30 h
📍 Auditorio de Galicia · Santiago de Compostela