Sensoxenoma26

Sensoxenoma26 celebra o V aniversario de Sensoxenoma, un proxecto que une música, ciencia e participación cidadá para investigar como responde o noso organismo ante o estímulo musical. Cinco anos despois daquela primeira experiencia, Sensogenoma continúa medrando grazas á participación de centos de persoas e á colaboración entre investigadores, músicos, institucións e asociacións de pacientes.

Sensoxenoma26 contou coa participación da Real Filharmonía de Galicia, en colaboración coa Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela, dirixidas por Roberto Baltar, e coa colaboración especial do xornalista musical Martín Llade.

Nesta edición participaron doantes de 11 asociacións de pacientes: Asperga, Aspanaes, Bata, Agadea, Dano Cerebral Santiago de Compostela, Ugade, Lar Saúde Mental Vilagarcía, A Creba, Fonte da Virxe, Miastenia Ames e AEPEF.

Durante esta edición continuamos estudando as respostas biolóxicas, fisiolóxicas e emocionais asociadas á experiencia musical, incorporando novas mostras e datos á investigación. A música non cambia a secuencia do noso ADN. Sensogenoma estuda, entre outros aspectos, como o estímulo musical pode relacionarse con cambios na expresión de determinados xenes e con diferentes respostas do noso organismo.

Repertorio Sensoxenoma26

  • F. A. Barbieri (1823-1894): Sinfonía sobre motivos de zarzuelas
  • R. Wagner (1813-1883): O ocaso dos deuses, Marcha fúnebre de Sigfrido
  • P. Mascagni (1863-1945): Intermezzo de Cavalleria Rusticana
  • P. Dukas (1865-1935): O aprendiz de bruxo
  • J. Williams (1932): Star Wars, tema da princesa Leia
  • J. Williams (1932): A lista de Schindler, tema principal
  • H. Berlioz (1803-1869): Sinfonía fúnebre e triunfal, Apoteose (3.º movemento)

Entérate de todo