Sensoxenoma26

Sensogenoma26 · V Aniversario

V Aniversario dos concertos SENSOGENOMICS. Tras Sensogenoma22, Sensogenoma23, Sensogenoma24 e Sensogenoma25, achégase a próxima edición dos concertos experimentais.

Celebrarase o V Aniversario coa Real Filharmonía de Galicia e a Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela.

Anota na túa axenda: 25 de setembro de 2026 – Auditorio de Galicia.

25 de setembro de 2026 · 19:30 h · Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela

Sensogenoma26 celebra o V aniversario dos concertos experimentais, dun proxecto que une música, ciencia e participación cidadá para investigar como responde o noso organismo ante o estímulo musical.

Cinco anos despois daquela primeira experiencia, este proxecto continúa medrando grazas á participación de centos de persoas e á colaboración entre investigadores, músicos, institucións e asociacións de pacientes.

Un concerto para celebrar cinco anos dos concertos sensoxenoma

Sensogenoma26 contará coa participación da Real Filharmonía de Galicia, en colaboración coa Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela, e con Martín Llade como convidado especial.

Pero será moito máis ca un concerto. Durante esta edición continuaremos estudando as respostas biolóxicas, fisiolóxicas e emocionais asociadas á experiencia musical, incorporando novas mostras e datos á investigación.

A música non cambia a secuencia do noso ADN. Sensogenomics estuda, entre outros aspectos, como o estímulo musical pode estar relacionado con cambios na expresión de determinados xenes e con diferentes respostas do noso organismo.

Nesta edición participarán persoas de 12 asociacións de pacientes, que contribuirán ao proxecto mediante a recollida de mostras biolóxicas e a súa participación na experiencia.

Ti tamén podes formar parte

Se xa participaches nalgunha das edicións anteriores, queremos volver atoparnos contigo. E se aínda non participaches, Sensogenoma26 é unha nova oportunidade para formar parte desta experiencia.

🧬 Participa como doante

Contribúe á investigación mediante a doazón de mostras biolóxicas antes e despois do concerto: saliva (cun bastonciño de algodón), sangue (cunha pequena punción capilar nun dedo) e bágoas (con tiras oftalmolóxicas).

Requisitos:

  • Debes ser maior de 6 anos.
  • Inscribirte como doante nesta web a partir do xoves 10 de setembro e acudir ao Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela o día e á hora seleccionados no formulario de inscrición, para participar nunha sesión informativa na que asinarás o consentimento.
  • Os doantes deberán ter prevista a súa chegada ás 18:30 h e a súa saída ás 21:30 h.

🎶 Asiste como público

Goza do concerto e celebra connosco os cinco anos de Sensogenoma.

Recolle as túas invitacións (máximo 2 por persoa) a partir do 15 de setembro en www.compostelacultura.gal ou na Zona C (Preguntoiro, 1 / Praza de Cervantes).

A música únenos. A ciencia conéctanos.

Sensogenoma26 · V Aniversario

📅 25 de setembro de 2026
🕢 19:30 h
📍 Auditorio de Galicia · Santiago de Compostela