Sensoxenoma25

Sensoxenoma25 celebrouse o 3 de outubro de 2025 no Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela), cunha colaboración especial entre a Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela e a Real Filharmonía de Galicia. A primeira parte do concerto, dirixida por Sebastián Cinca, estivo asociada á tristeza, e a segunda parte, dirixida por Casiano Mouriño, á alegría. ¡Recolléronse máis de 1000 mostras de sangue, saliva e bágoas! En colaboración coa Universidade do Minho e Mediaprobe, rexistrouse a variabilidade do ritmo cardíaco e a actividade electrodérmica do público doante.

¡Grazas á colaboración de asociacións de pacientes como Aspanaes, Asperga, Dano Cerebral Santiago de Compostela, Ames Miastenia, Asociación Española de Paraparesia Espástica Familiar, Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia e Fundación Lar Pro Saúde Mental de Vilagarcía!

Repertorio Sensoxenoma25

Parte I

  • I. Tchaikovski: Suite O lago dos Cisnes, op. 20, Th 12 (escena)
  • Brahms: Sinfonía n.º 3 en Fa M, op. 90 (3º mov)
  • Horner: Braveheart, For the Love of a Princess
  • Puccini: Manon Lescaut, Intermezzo
  • Elgar: Variaciones Enigma, op.36 (Var. IX “Nimrod”)

 

Parte II

  • Kabalevski: Suite de les Comedians (Arr. S. Herrero) (Nº 1, 3 y 10)
  • Dvorák: Danza Eslava nº3, op.46 (Arr. J. Schyns)
  • Prokófiev: Suite Romeo eXulieta (Arr. J. de Meij) (1º, 2º, 3º mov)
  • Khachaturián: Suite do Ballet Gayaneh (Arr. J. Schyns) (Nº 1 y 6)
  • Bizet: Carmen, Marcha dos Toreadores (Arr. T. Takahashi)

Entérate de todo