Sensoxenoma25

Sensoxenoma25 próximamente……

3/10/2025 Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela)

A cuarta edición dos concertos experimentais celebrarase o 3 de outubro no Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela).

A Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela e a Real Filharmonía de Galicia interpretarán un repertorio secreto, no que se porá en valor o poder das emocións e o impacto da música.

Este ano fan falta 200 doantes entre o público asistente!

Moitas asociacións son protagonistas en Sensogenoma25, como Aspanaes, a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia, Dano Cerebral Santiago de Compostela, AMES Miastenia ou a Asociación Española de Paraparesia Espástica Familiar.

 

Que mostras se van recoller?

Como na anterior edición, recolleremos mostras de saliva (cun hisopo de algodón), sangue (pequena picada capilar nun dedo) e bágoas (con tiras oftalmolóxicas).

 

Cando se recollen as mostras?

Realizaremos tres recollidas de mostras: antes do concerto, no descanso e despois do concerto. Os doantes deberán chegar ás 18:30 h ao Auditorio de Galicia.

 

Queres participar como doante no concerto Sensogenoma25?

Requisitos:

* Debes ser maior de 18 anos.

* Inscribirte como doante nesta web a partir do martes 16/9 e acudir ao Hospital Clínico Universitario (Santiago de Compostela) o día e hora seleccionados no formulario de inscrición, a unha sesión informativa na que se asinará o consentimento informado.

Importante:

O concerto Sensoxenoma25 comezará ás 19:30 h.

Ten dúas partes musicais diferenciadas de 30 minutos cada unha e un descanso de 30 minutos.

Os doantes deberán ter prevista a súa chegada ao auditorio ás 18:30 h e a súa saída ás 21:45 h.

Queres asistir como público xeral a Sensoxenoma25?

Podes participar neste evento inigualable, especial e insólito, mercando as túas entradas a partir do 16/9 por 5 € na Zona C (Preguntoiro, 1 / Praza de Cervantes) ou en www.compostelacultura.gal