Sensoxenoma25 celebrouse o 3 de outubro de 2025 no Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela), cunha colaboración especial entre a Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela e a Real Filharmonía de Galicia. A primeira parte do concerto, dirixida por Sebastián Cinca, estivo asociada á tristeza, e a segunda parte, dirixida por Casiano Mouriño, á alegría. ¡Recolléronse máis de 1000 mostras de sangue, saliva e bágoas! En colaboración coa Universidade do Minho e Mediaprobe, rexistrouse a variabilidade do ritmo cardíaco e a actividade electrodérmica do público doante.
¡Grazas á colaboración de asociacións de pacientes como Aspanaes, Asperga, Dano Cerebral Santiago de Compostela, Ames Miastenia, Asociación Española de Paraparesia Espástica Familiar, Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia e Fundación Lar Pro Saúde Mental de Vilagarcía!
Parte I
Parte II
© 2024 Creado Por 7 Clicks Para Sensogenomics. Todos Os Dereitos Reservados.