Un proxecto de cooperación transfronteiriza para estudar o impacto da música na saúde. Grazas ao programa Interreg-Poctep (2024-2026), realizaremos un estudo lonxitudinal multidisciplinar no que estudaremos os beneficios da música a nivel biomédico-cognitivo e de calidade de vida. Para levar a cabo este proxecto tan ambicioso contamos coa colaboración da Universidade do Minho, Casa da Música do Porto, Santa Casa da Misericordia do Porto, Asociación Portuguesa de familiares e amigos de enfermos de Alzheimer, Asociación Músicos ao Vivo de Galicia, Asociación de dano cerebral de Compostela (Sarela) e a asociación galega para a axuda de enfermos tipo Alzheimer (Agadea).
EUTERPE_ADN é un proxecto de cooperación transfronteiriza entre Galicia e o Norte de Portugal para estudar o impacto da música na saúde. Grazas ao programa Interreg-Poctep (2024-2026), Sensogenomics lidera un estudo longitudinal multidisciplinar no que se analizan os beneficios da música a nivel biomédico-cognitivo e na calidade de vida.
Este ambicioso proxecto, impulsado polo Instituto de Investigación Sanitaria (IDSIS), conta coa participación da Escola de Psicoloxía da Universidade do Minho para complementar a avaliación biomédica e neuropsicolóxica.
Músicos profesionais da Casa da Música de Porto e da Asociación Músicos ao Vivo de Galicia levaron a cabo durante 9 meses obradoiros de música en sete centros xestionados pola Santa Casa da Misericórdia do Porto, a Asociación Portuguesa de Familiares e Amigos de Enfermos de Alzheimer, a Asociación Dano Cerebral de Santiago de Compostela e a Asociación Galega para a Axuda a Enfermos de Alzheimer (Agadea).







